Igualdade
Rompendo barreiras
Unha industria igualitaria, sen prexuízos
A Fundación Formavigo leva a cabo un novo Plan de Igualdade de Oportunidades, co que apoiar a presenza e liderado das mulleres na industria, incluíndo os postos de decisión e influencia.
Realidade da muller no mercado laboral
1
A incorporación da muller ao mercado laboral, a permanencia e as condicións laborais, seguen sen producirse en igualdade de condicións.
2
As estatísticas revelan unha realidade desigual nos pagos salariais, na promoción profesional e na presenza da muller nos ámbitos de decisión.
3
Sectores e ámbitos fortemente masculinizados, onde a persistencia de estereotipos e prexuízos de xénero supón unha auténtica barreira para a inserción laboral.
Os datos mostran que mesmo nos programas de exclusión laboral, deseñados para loitar contra a desigualdade laboral, a participación das mulleres non chega ao 50%.
Obxectivos estratéxicos para a igualdade
É necesario seguir traballando a prol dun cambio cultural e de valores.
Igualdade na educación e en valores
Promover o cambio de valores, actitudes, roles e estereotipos que sustenten a desigualdade de xénero a través dun modelo educativo que promova a igualdade entre mulleres e homes.
Igualdade na participación e no liderado
Promover a participación das mulleres en igualdade de condicións en todos os ámbitos da sociedade e aumentar a súa presenza e liderado nos ámbitos de decisión e influencia.
Igualdade no emprego e innovación
Reducir as fendas de xénero no acceso, permanencia e promoción laboral e favorecer a autonomía económica e o desenvolvemento profesional.
Sensibilización e prevención
Reforzar os mecanismos de prevención, tratamento e detección rápida das diferentes manifestacións da violencia de xénero.
Proxectos de desenvolvemento
As accións e actividades que a fundación desenvolve e promove en materia de igualdade de oportunidades concrétanse en 5 ámbitos de actuación.
1. Investigación sobre a situación da muller no sector do metal
2. Formación e inserción das mulleres desempregadas
3. Visibilizar ás mulleres do sector
4. Empoderar ás mulleres que traballan no sector
5. Educar ás empresas en igualdade