Quen somos


Que é a Fundación?
Fundación Formavigo é unha entidade sen ánimo de lucro, que nace para desenvolver iniciativas de inserción laboral, en cooperación coa Administración Pública e a Empresa Privada para dar apoio ás necesidades dos e as demandantes de emprego que se atopan en especial dificultade.
Tecemos redes e realizamos proxectos sociais que poidan contribuír a unha sociedade máis forte, cohesionada e solidaria con especial interese na calidade de vida dos nosos maiores e a nosa mocidade.
Misión, visión e valores
Misión
Mellorar o acceso ao mercado laboral das persoas con especial dificultade e contribuír a mellorar o diálogo social en todos os seus ámbitos, outorgando especial relevancia á situación de acceso da muller ao mercado laboral.

Visión
- Traballamos coas persoas para potenciar as súas capacidades e habilidades e ofrecerlles ferramentas para a súa mellora profesional.
- Promovemos a formación de persoas en risco de exclusión social para lograr a inserción laboral.
- Actuamos cun enfoque positivo e valorativo das persoas, onde traballamos para reducir as barreiras de xénero no sector industrial.
- Cremos que o traballo en rede e colaboración con outras empresas, entidades sociais ou administracións públicas é a mellor forma para crecer e avanzar como sociedade.
- A través do noso traballo aspiramos a contribuír a unha sociedade máis cohesionada, forte e solidaria, un motor de cambio da sociedade na que vivimos e reducir a desigualdade na sociedade.
Valores
Compromiso social
Para unha sociedade máis xusta poñendo máis énfase nas persoas máis vulnerables e menos oportunidades.
Compromiso coa igualdade de oportunidades
Para reducir as desigualdades e contribuír á cohesión social.
Transparencia e independencia
Render contas, transparencia informativa, garantindo un proceso responsable, eficiente, sostible e con independencia.
Coidado das persoas
Creando empatía, respecto e bo clima en todos os ámbitos da Fundación.
Calidade e mellora continua
Seguindo parámetros de boa xestión e eficacia nos resultados.
Compromiso social
Buscando a corresponsabilidade social e o traballo en rede.