Transformamos o teu futuro

Inserción Laboral
É necesario promover a formación e o acceso ao mercado laboral das persoas en risco de exclusión ou con dificultades de inserción.

Área de orientación laboral
Esta área da Fundación Formavigo desenvólvese en función dos seguintes obxectivos estratéxicos de inserción laboral.
Facilitar a reorientación, reposicionamento e reinserción laboral mediante o asesoramento e o desenvolvemento de habilidades.
Orientar as accións formativas, dirixidas á toma de decisións para o futuro profesional.
Promover o desenvolvemento de habilidades para a busca de emprego a través de obradoiros grupais de habilidades sociais.
Realizar actividades de formación profesional.
Elaborar unha base de datos que recolla os perfís laborais e formativos das persoas que participan nas accións formativas da Fundación Formavigo.
Ofrecer un servizo de intermediación laboral que ofrece candidatos segundo os perfís tramitados.
Actividades de inserción laboral
As accións e actividades desenvolvidas e promovidas pola fundación organízanse especificamente en 6 liñas de actuación.

2. Intermediación Laboral
3. Outplacement
4. Axudas e colaboracións
5. Saúde laboral e prevención de riscos
6. Estudos de mercado
Cursos promovidos pola Fundación
Na liña de acción da inserción laboral, a fundación ofrece a posibilidade de participar en diferentes cursos de formación.
Programa Vivir co Rural
Un programa vencellado ao desenvolvemento no rural e na sensibilización aos máis novos sobre a…
Programa Vida Compartida
Un programa dirixido ás persoas maiores para a promoción da súa autonomía persoal, envellecemento activo…
Persoas maiores conectadas
Formar ás persoas maiores de 55 anos no uso do Smartphone para a xestión da…
VER MÁIS