Compromiso coa Igualdade
A nosa fundación nace dun sentimento compartido e da detección dunha realidade insostible de exclusión laboral.
Moito máis que un proxecto de RSE
A raíz da pasada crisis á que foi sometido o sector do metal, o Grupo Tesol está comprometido en desenvolver actividades que axuden ás persoas a afrontar as adversidades do mercado laboral.
O obxectivo da fundación é loitar por unha igualdade de oportunidades laborais no sector, poñendo o foco na inclusión das mulleres na industria.

Aposta polo progreso
No Grupo Tesol cremos que o progreso da industria non só debe ser tecnolóxico senón tamén social. Os obxectivos da nosa fundación están aliñados cos obxectivos de igualdade do plan estratéxico galego, entre todos creamos o futuro.
En 2021, 107 persoas en risco de exclusión laboral, foron asistidas pola Fundación Formavigo.
11
Mulleres pertencentes a minorías étnicas sen estudos homologados nin titulación profesional
23
Mulleres inmigrantes con estudos básicos sen homologar en España e sen cualificación profesional
5
Homes inmigrantes con estudos básicos e sen titulación profesional
48
Homes de orixe nacional con estudos básicos e sen titulación profesional
11
Mulleres de orixe nacional con estudos básicos e sen titulación profesional
A fundación segue crecendo, avanzando e conseguindo
obxectivos con resultados que axudan a persoas reais.
FORMACIÓN EN ACOSO LABORAL (CURSO EN LIÑA)
Curso de balde en liña orientado a profesionais, empresas, traballadoras, traballadores e entidades…
CÓMO IMPLEMENTAR O PLAN DE IGUALDADE NA EMPRESA (CURSO EN LIÑA)
Curso de balde en liña orientado a profesionais, empresas, traballadores e traballadoras e…
Limpeza de fincas con desbrozadora de fío e disco – FINALIZADO
CURSO FINALIZADO Curso gratuito dirixido a persoas desempregadas. Bolsa de asistencia de 5€…
Por unha industria sen prexuízos
As estadísticas revelan unha realidade desigual nas retribucións salariais, na promoción profesional, na presencia nas esferas de decisión e no acceso a sectores e ámbitos fortemente masculinizados.
A Fundación Formavigo desenvolve programas concretos para apoiar e fomentar a presencia das mulleres nestes mercados, co obxectivo de promover unha oferta en igualdade de oportunidades.
O apoio das grandes organizacións
Hoxe apostamos pola xente, grazas aos que onte apostaron pola Fundación.
A Fundación Formavigo enmárcase nun cambio social do sector, necesario para o progreso da industria. Isto non sería posible sen o noso mecenado e sen as entidades colaboradoras que apoian os nosos proxectos.



