Compromiso coa Igualdade
A nosa fundación nace dun sentimento compartido e da detección dunha realidade insostible de exclusión laboral.
Moito máis que un proxecto de RSE
A raíz da pasada crisis á que foi sometido o sector do metal, o Grupo Tesol está comprometido en desenvolver actividades que axuden ás persoas a afrontar as adversidades do mercado laboral.
O obxectivo da fundación é loitar por unha igualdade de oportunidades laborais no sector, poñendo o foco na inclusión das mulleres na industria.

Aposta polo progreso
No Grupo Tesol cremos que o progreso da industria non só debe ser tecnolóxico senón tamén social. Os obxectivos da nosa fundación están aliñados cos obxectivos de igualdade do plan estratéxico galego, entre todos creamos o futuro.
En 2021, 107 persoas en risco de exclusión laboral, foron asistidas pola Fundación Formavigo.
11
Mulleres pertencentes a minorías étnicas sen estudos homologados nin titulación profesional
23
Mulleres inmigrantes con estudos básicos sen homologar en España e sen cualificación profesional
5
Homes inmigrantes con estudos básicos e sen titulación profesional
48
Homes de orixe nacional con estudos básicos e sen titulación profesional
11
Mulleres de orixe nacional con estudos básicos e sen titulación profesional
A fundación segue crecendo, avanzando e conseguindo
obxectivos con resultados que axudan a persoas reais.
PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2025/2026
PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DA FUNDACIÓN FORMAVIGO 2025/2026 Programa de inserción laboral para…
CAIXA E REPOSICIÓN
Dentro do novo programa de orientación laboral e formación contamos cun curso gratuito…
ELABORADOS FRESCOS E CARNICERÍA
Xa temos aberto o prazo para inscribirse no noso próximo programa de orientación…
Por unha industria sen prexuízos
As estadísticas revelan unha realidade desigual nas retribucións salariais, na promoción profesional, na presencia nas esferas de decisión e no acceso a sectores e ámbitos fortemente masculinizados.
A Fundación Formavigo desenvolve programas concretos para apoiar e fomentar a presencia das mulleres nestes mercados, co obxectivo de promover unha oferta en igualdade de oportunidades.
O apoio das grandes organizacións
Hoxe apostamos pola xente, grazas aos que onte apostaron pola Fundación.
A Fundación Formavigo enmárcase nun cambio social do sector, necesario para o progreso da industria. Isto non sería posible sen o noso mecenado e sen as entidades colaboradoras que apoian os nosos proxectos.





