A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, convocou este programa coa finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer o asociacionismo e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.
Area: Igualdade
Entidade financiadora: Deputacion de Pontevedra
Programa concedido: Conectadas ano 2023
Actividade concedida: Actívate na busca de emprego
QUE ACTIVIDADE REALIZAREMOS
Emprende: iniciativas sostibles para o emprego
NESTE PROGRAMA TEMOS COMO OBXECTIVOS
• Favorecer e dar ferramentas e acceso ás mulleres a postos de traballo cualificados con alta demanda laboral.
• Ofertarlles cursos de formación adaptados aos seus intereses.
• Abrir a opción do ámbito industrial e o sector do metal como outra fonte de emprego para as mulleres.