Actividade para promover o envellecemento activo e retrasar o deterioro das persoas con actividades de memoria, xogos, taller de musicoterapia, risoterapia, etc.
Área: Social.
Entidade financiadora: Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Concello de Redondela.
Programa concedido: Maiores Vida Compartida.
Actividade concedida: Mantén activa a túa mente.
OBXECTIVOS
É unha actividade para promover o envellecemento activo e retrasar o deterioro das persoas con actividades de memoria, xogos, taller de musicoterapia, risoterapia, etc.
Queremos achegalas ás parroquias do Concello de Redondela para manter tamén o tecido asociativo e apoio entre as persoas da contorna.
HORARIOS POR CENTRO
- Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes, os martes ás 10:00-11:00
- Centro Cultural Social Recreativo de Cabeiro, os mércores ás 16:30-17:30
- AAVV San Esteban de Negros, os mércores ás 17:45-18:45
- Centro Cultural e Deportivo de Cidadelle, os mércores ás 19:30-20:30
- AVDC A Miñoteira de Ventosela, os xoves ás 10:30-11:30
- Asociación de Mulleres ARELA (Saxamonde), os venres ás 10:00-11:00