Realizaremos a primeira formación de prácticas non laborais de “Limpieza de instalacións e equipamentos industriais no sector masculinizado do metal con formación de manexo de plataforma elevadora incluída”, cunha duración de 168 horas das cales, 80 horas serán de prácticas nas empresas.
Area: Orientación laboral.
Entidade financiadora: Deputación provincial de Pontevedra.
Programa concedido: Entidades de iniciativa social sen fins de lucro para o fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra a violencia de xénero.
Actividade concedida: Formación e orientación laboral de mulleres das distintas organización de Vigo e Pontevedra.
OBXECTIVOS
Realización de orientación laboral e formación para a inserción laboral de mulleres que se atopan en situación de vulnerabilidade e exclusión social, buscando unha saída profesional que lles permita ser autónomas, a través de sectores industriais con valor engadido.
RESULTADO: 4 mulleres acadaron un contrato laboral nas empresas onde realizaron as prácticas.
BENEFICIARIAS: 30 MULLERES.