Un programa vencellado ao desenvolvemento no rural e na sensibilización aos máis novos sobre a importancia do rural e o coidado do medio.
Área: Social.
Entidade financiadora: Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través dos fondos recadados pola declaración da renda 0,7.
Programa concedido: Programa Vida Compartida (Redevital).
Entidades participantes: Fundación Formavigo e Asociación Boa Vida (Redevital).
OBXECTIVOS
Levarase a cabo nas localidades de Pontevedra, Redondela, Monforte de Lemos e Betanzos para motivar ás persoas en situación de exclusión a producir alimentos para o autoconsumo e formalas en posibles campos do mundo rural xeradores de ingresos.